• Tiendas Fnac
Eventos Concierto

Noite no museo con Fillas de Cassandra no Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Fnac A Coruña
Por Fnac A Coruña
El 21/05/2025
118
Noite no museo con Fillas de Cassandra no Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Actualización: Invitacións esgotadas.

Fillas de Cassandra farán unha presentación moi especial do seu novo traballo, Hibernarse, dentro dos eventos coñecidos como Noite no museo con Fnac.


A cita nesta ocasión será o venres 27 de xuño ás 21h no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo.

 

As invitacións estarán dispoñibles o día 23 de xuño.

Condicións:

-Para acadar as invitacións será necesario adquirir a reserva do EP ‘Hibernarse’ a partir do luns 23 de xuño as 10 da mañá.

-Para a Noite do museo de Vigo do venres 27 estarán dispoñibles na Fnac Vigo e para a Noite na Fundación na Coruña o sábado 28 estarán dispoñibles na Fnac A Coruña.

-As invitacións das tendas entregaranse o mesmo día de reserva por orde de compra os días 23, 25, 26 e 27 de xuño no caso de Vigo e 23, 25, 26, 27 e 28 de xuño no caso da Coruña -agás no caso de que se esgoten con anterioridade-.  

-O disco poderá recollerse o mesmo día oficial do lanzamento, o venres 27. No caso da Coruña poderá recollerse tamén o día 28.

-Entregaranse dúas invitacións por disco para acceder ao evento.

-Unha mesma persoa non poderá mercar máis de 3 unidades do disco cas correspondentes invitacións.

-Para quen comprou o vinilo -no período de prevenda- na tenda en liña de Altafonte e Fillas de Cassandra, reservarase un cupo de entradas individuais. Altafonte porase en contacto coas persoas que o solicitaron, ás que lle darán as indicacións pertinentes de como recoller –nun prazo determinado- os seus convite nas tendas Fnac de Vigo ou A Coruña.

-No acceso ao recinto o día do evento, poderase esixir o tícket de compra que acompaña a invitación.

- As persoas que dispoñan de convite poderán acceder ao recinto unha hora antes do comezo indicado para cada cidade -agás imprevistos que provoquen retraso no inicio-.

-Tanto no MARCO coma na Fundación Luis Seoane haberá un espazo delimitado con cadeiras e outro para estar de pé. O público poderá escoller o seu lugar na orde de entrada que se lles indique.

-As persoas con mobilidade reducida que posúan entrada, pregamos que se poñan en contacto coa Fnac o antes posible, ou ben no momento da recollida dos convites ou até o día anterior á celebración do concerto no punto de atención ao cliente de cada tenda, para poder así garantir o seu acceso e goce do espectáculo nas mellores condicións posibles.

-Unha vez acomodadas as persoas asistentes comezará o evento, consistente na presentación ao vivo do EP ‘Hibernarse’ e posteriormente na firma do disco e saúdo ao público.

-O disco e a invitación dos participantes neste evento non admiten devolución.

 

logo-marco-vigo-altafonte

¿Dónde?

Vigo

¿Cuándo?

Viernes 27 junio 2025 21h

Etiquetas: fnac vigo eventos fnac
Tu valoración : Je détesteJe n'aime pasCa vaJ'aimeJ'adore